* Configuración en Windows.
Unha vez instalados os elementos que compoñen unha rede o seguinte paso é configurala para que empece a funcionar.
Ao instalala xa esta configurada automáticamente, tanto en windows como en linux. Pero pódese modificar esta configuración en calquera momento.
1. Entrar no Inicio.
2. Co botón dereito facer clic nos Meus sitios de rede. Aparecerá unha icona que informe o estado da rede.
3. Presionar sobre esta icona co botón dereito e seleccionar Propriedades.
4. Facer dobre clic sobre Protocolo internet (TCP/IP). Terminado estes pasos aparecera o cadro de diálogo coas propriedades da conexión de área local desde onde se pode configurar parámetros referentes á rede, como :
-Nome do equipo
-Grupo de traballo
-Máscara de subred
-Porta de ligazón
-DNS
- Identificación na rede.
Cada equipo que pertence a unha rede debe ter un nome distinto. Á súa vez estes equipos deben recoñecer a un mesmo grupo de traballo que identifica a rede.
- Comprobar o funcionamento da rede en Windows.
1. Abrir Inicio e facer clic nos Meus sitios de rede. Aparece unha pantalla cos documentos conpartidos na rede.
2. Para ver todos os computadores facer clic en Ver equipos do grupo de traballo, mostrando os que estan conectados.
- Conectarse a unha rede WIFI dende un equipo.
Un equipo WIFI conéctase automaticamente á rede que haxa ao seu alcance. Facendo dobre clic sobre a icona é posible elexir entre un das redes dispoñibles.
- Coñecer a direción IP.
Para coñecer a dirección IP que ten asignado un equipo da rede, executar o comando:
-Ifconfig se é baixo Linux
-Ipconfig se é baixo Windows.
- Ping.
Serve para verificar a correcta conexión con outros dispositivos da rede. Ping envía paquetes de datos ao dispositivo especificado por unha direción IP.
Hai que comprobar as estadísticas para verificar se os paquetes enviados son entregados ou non.
No hay comentarios:
Publicar un comentario